Noraboa a tódalas familias polo esforzo e sobre todo os nenos e nenas polo seu traballo.💜😍
martes, 19 de maio de 2020
luns, 18 de maio de 2020
SEGUIMOS CON ACTIVIDADES CREATIVAS...
Esta semana propóñovos outra actividade creativa que os nenos e nenas lles vai encantar!! Trátase de:
XEOS CREATIVOS
Deixovos un vídeo con algunha idea que xa fixen noutra ocasión. No cole podemos expoñelos todos e observar como se van desfacendo pouco a pouco, sobre todo un día de sol, con moita luz, e descubrir que cousas se esconden nos xeos que fixeron os compañeiros... E moi divertido. Como agora estamos na casa, sería xenial que sacarades fotos do xeo unha vez feito e logo do proceso de desxeo, para que todos os poidamos ver. Animádevos a probar!!!!!
xoves, 14 de maio de 2020
CONTO "Aquiles o puntiño"
Kalandraka TV ofrece moitos contos contados. Na columna da dereita en RECURSOS NA REDE tédela engadida para que sempre que queirades lle poidades votar un vistazo. Entre todos os contos hai un, co que podemos traballar as partes do corpo e o debuxo da figura humana, e que Olalla González nos conta mestres o ilustrador do conto Marc Taeger nos vai facendo un debuxo moi orixinal e cheo de cor. Unha idea estupenda para que fagan os nenos e nenas despois de escoitar o conto ou mentres o escoitan. Espero que vos guste e me ensinedes as vosas creacións para compartilas cos compañeiros.
Aqui vos deixo o enlace: Aquiles o puntiño
mércores, 13 de maio de 2020
Recordamos como se fan os números do 1 ó 5
No cole aprendemos a facer algún número, pero ainda necesitamos practicar máis, por iso vos deixo estes vídeos que mostran moi ben como facemos os números no cole.
Deixovos un traballiño para ir facendo despois de ver cada un dos números.
Pinchar aqui: REPASAMOS OS NÚMEROS
Para facer o número 1, recordar que sempre se empeza arriba. Subimos e baixamos.
Para facer o número 2, coma sempre comezamos arriba. Facemos unha montaña pequena, baixamos un pouquiño e unha raia!! Agora a practicar!!
Para facer o número 3, recordar que comezamos arriba e facemos dúas barriguiñas cara diante.
O número 4 e moi fácil, recordar sempre dende arriba, facemos a letra "L" de Lorenzo e logo poñemos unha patiña e xa esta!!! Mirade que fácil, agora podes practicar ti só.
O número 5 é un pouco difícil, por eso hai que fixarse moito. Comezamos arriba facendo unha raia cara atrás, baixamos e facemos unha barriguiña cara diante.
Canción: Jugar a aplaudir
Esta canción axudanos a traballar o ritmo, para que os máis pequen@s sexan capaces de seguir un ritmo coas palmas.
luns, 11 de maio de 2020
Outra actividade creativa para desfrutar do entorno
Ola a tod@s, para combinar co herbario, os que queirades colaborar, propóñovos outra actividade creativa, aproveitanto que saimos a pasear, ó xardin ou á horta e recolledes algunha flor, podedes aproveitar para coller algunhas de máis e facer unha MANDALA. Sabedes o que é unha mandala? Mirade o vídeo e darédesvos conta de que é unha actividade creativa moi divertida e fácil que todos podedes facer e que podedes gardar para decorar na casa.
Para esta opción que nos mostra este neno tan gracioso o mellor e usar pétalos, follas herbas ou cousas planas. Pero hai outra opción que é facer mandalas no chan, creandoas con diferentes materiais e de diferentes tamaños. Poden ser flores, petalos, follas, pedras, paus,... ou calquer material do entorno., e tamén xoguetes, pezas, animais, fios, teas,... ou outros obxectos que os nenos e nenas se lles ocorran, eles sós vos sorprenderán coa súa creatividade. Recordadelle que sempre se comeza no centro e imos facendo círculos ó recor. Mirade algunhas ideas e sorprendedeme coas vosas creacións..😄
Tamén lle podedes votar un vistazo ó video que hai neste enlace e veredes todas as posibilidades que ten a natureza para ser creativos e facer arte.
venres, 8 de maio de 2020
O COELLIÑO BRANCO E AS CORES
Aquí vos deixo unha adaptación que fixen do conto "White Rabbit´s color book", da colección Little Rabbits Book, de Alan Baker. Un conto idóneo para xogar coas cores e que os nenos e nenas as misturen para ver que cor sae. Apintura de témpera sería xenial para experimentar, pero con rotuladores ou incluso acuarela podería servir. Espero que vos guste e motive ós nenos e nenas a xogar coas cores.
xoves, 7 de maio de 2020
Unha canción con moito ritmo
Para facer un poucp de movemento, deixovos tamén esta canción que xa escoitamos na clase para que bailedes un pouco. Está incluída no disco "Bicos de música" de Mamá Cabra.
Espero que vos guste! 😊
Para organizarnos mellor...
Aqui vos deixo outro recurso para utilizar, con unhas pequenas explicacións, e que os nenos e nenas teñan unhas rutinas semanais e poidan anticipar as súas actividades. Espero que vos sexa útil. 😊
mércores, 6 de maio de 2020
HERBARIO virtual, propóñovos esta actividade para aprender dunha maneira máis activa e creativa.
Esta semana propóñovos unha actividade para observar, esplorar e desfrutar do entorno en familia. Agora que xa se pode sair a dar un paseo e desfrutar por fín!!, do noso entorno máis proximo. E dado que estamos nunha estación moi bonita onde as árbores volven ter follas, a moitas prantas e árbores comezan a sairlle flores,... por iso se me ocorreu que podiamos facer esta actividade que seguramente todos xa fixestes algunha vez. A continuación deixovos a explicación. Animádevos, seguro que os vosos fill@s o pasan moi ben.
Para descargar a folla para o herbario pinchar aquí. HERBARIO
Para descargar a folla para o herbario pinchar aquí. HERBARIO
luns, 4 de maio de 2020
Recordamos como se fan as vogais
Ola a todos e todas!! 👋
No cole xa estivemos facendo estas letras, para aprender a poñer os nosos nomes, pero para aqueles que ainda necesitan practicar un pouco máis, deixovos estes vídeos onde explica como se fan as letras igual que as facemos no cole. Podedes ver cada unha das vogais e recordar como se fan. Se xa sabedes facelas moi ben, só tedes que practicar escribindo sós nunha folla. 😄 👀
O ver o vídeo fixámonos ben como se fai a vogal "A". No cole decimos subimos baixamos e facemos un cinturón.
Coa vogal "E" temos que facer un pau de arriba a abaixo e recordar que só leva tres raias.
A vogal "I" é moi fácil ainda así hai que fixarse e comezar sempre arriba.
A letra "O" é un pouco difícil, porque nos esquecemos de que sempre temos que comezar arriba e ir car👀a o lado esquerdo. Por iso nos temos que fixar moito cando a facemos.
Para facer a letra "U" comezamos sempre arriba, baixamos e volvemos a subir.
Aprendemos os números
Xa sabemos algúns números e para seguir aprendendo e recordar os que xa sabemos, escoitamos e cantamos esta canción de María Fumasa, que está incluída no seu disco Xiqui Xoque Fiu Fiu (2014).
mércores, 29 de abril de 2020
AQUÍ VOS DEIXO O CONTO DA TOUPIÑA
Como sei que todos lles gusta moito este conto, prepareivos este vídeo para que o poidades escoitar as veces que queirades!!! O conto titúlase "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" da editorial Kalandraka.
Tamén podedes ver unha dobraxe do conto que fixeron os nenos do cole A Carballeira de Lourizán en Pontevedra. Pincha aqui para vela
Saúl mostranos outra manioneta que fixo coa súa nai
A Saúl encántalle o conto da toupiña que todos coñecedes por iso, fixo esta marioneta para xogar con ela.
Reciclando..
Daniela e Clara, xa están reciclando para facer xogos e materiais. Moi ben!!! Superlila que tamén lle gusta moito reciclar está moi contenta. 😃
Etiquetas:
eu quedo na casa,
lóxica-matemática,
Reciclar,
Traballo dos nen@s
luns, 27 de abril de 2020
Máis ideas para o traballo na casa
Para traballar un pouquiño o trazo e a grafomotricidade, senon podedes imprimir nin fotocopiar, vos mesm@s podedes facer cousiñas moi sinxelas para que os nenos e nenas as reutilicen e as fagan as veces que queiran. No cole tiñamos unha plastificadora que nos permite ter materiais no recuncho da biblioteca, pero na casa non temos, polo tanto aquí vos deixo unhas ideas...
Facemos materiais na casa e aprendemos xogando
Para aqueles que non tedes posibilidades de imprimir nin fotocopiar, aquí vos deixo ideas para facer algún material para aprender xogando. Son materiais que todos temos pola casa e que se poden usar fácilmente para crear xogos. Todos os nenos e nenas os poden usar sexa cal sexa a sua idade ou nivel madurativo. Animádevos a probar!!. 👍
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


