Amosando publicacións coa etiqueta Libros LIM. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros LIM. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de xaneiro de 2021

Libro LIM dos Animais Salvaxes

Aquí tedes un libro interactivo para que fagan a través da tablet ou ordenador. É unha actividade que xa vos compartín durante o confinamento, pero como a temática é sobre os animais, actualizoa para que a poidades aproveitar e así traballar diferentes contidos como a coordinación oculo.manual, a memoria, a lectoescritura facendo palabras sinxelas, os números, a atención, a concentración,... Pulsa no cadradiño de abaixo á esquerda para poñer a actividade en modo pantalla completa. Espero que vos sexa útil. 😄

xoves, 23 de abril de 2020

Xogamos coas vogais


Bos días a todos e todas!!! deixovos un enlace moi interesante, onde tedes o recurso dun libro interactivo multimedia (LIM) que están moi ben para facer coa tablet ou incluso o móvil.  Esta actividade LIM está incluída nunha das páxinas que tedes na marxe dereita, e traballanse as vogais dunha forma divertida. Son actividades que xa fixemos na clase coa pizarra dixital, e ainda que algunha das páxinas lle poida resultar difícil coa vosa axuda seguro que son capaces. Probáde porque os vos@s fillos gustanlle moito. e nuns días deixareivos material para que reforcen o que van aprendendo.
Para comezar pincha aquí: LIBRO LIM: xogamos coas vogais.