Aqui vos deixo o enlace: Aquiles o puntiño
xoves, 14 de maio de 2020
CONTO "Aquiles o puntiño"
Kalandraka TV ofrece moitos contos contados. Na columna da dereita en RECURSOS NA REDE tédela engadida para que sempre que queirades lle poidades votar un vistazo. Entre todos os contos hai un, co que podemos traballar as partes do corpo e o debuxo da figura humana, e que Olalla González nos conta mestres o ilustrador do conto Marc Taeger nos vai facendo un debuxo moi orixinal e cheo de cor. Unha idea estupenda para que fagan os nenos e nenas despois de escoitar o conto ou mentres o escoitan. Espero que vos guste e me ensinedes as vosas creacións para compartilas cos compañeiros.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario