Amosando publicacións coa etiqueta CONTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONTOS. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de xaneiro de 2021

CONTO: SERAFÍN, el pájaro que buscaba su melodía

Como nos gustan moito os contos, na aula lemos contos para debuxar pero tamén os escoitamos e visionamos na pizarra dixital. E entre outras utilizamos a páxina Cuentos en la nube, pois ofrecenos moitos contos diferentes para traballar diferentes contidos. Deixovos o enlace á páxina por si a queredes usar para escoitar outros contos, só tedes que pinchar enriba do enlace.  Aquí vos deixo o de Serafín que xa escoitaron os nen@s unha vez na aula e gustoulles moito.😍



xoves, 11 de xuño de 2020

Conto: La pequena oruga glotona

Esta semana deixovos este conto, esta vez en castelán. Esta versión esta contada por nenos e nenas, con él podemos recordar a secuencia dos días da semana, os números, hábitos de alimentación,.. e sobre todo agora que estamos na primavera, ensinalle ós nenos e nenas como nace unha bolboreta e cal é o proceso que segue ata que ten ás e pode voar. Máis abaixo tamén vos deixo un enlace onde poden ver este proceso con imaxes reais.

Aquí deixovos o enlace con un vídeo para ver a metamorfosis da bolboreta na realidade. É un pouco longo dura un 10 minutos, pero mereces a pena, neste caso trátase dunha eiruga que seguramente todos vistes algunha vez e da que sae unha bolboreta moi bonita. Os que xa me coñecestes con outros dos vosos fillos, sabedes que é unha actividade que fixemos na aula e os nenos puideron ver día a día como é este proceso, quizáis o próximo curso o poidamos levar a cabo tamén nós na aula, pois é unha experiencia moi enriquecedora para os nenos e nenas.
Ademáis aquí tedes uns traballiños moi sinxelos sobre este conto para facer nesta recta final de curso, según o tempo do que dispoñades.

xoves, 4 de xuño de 2020

Conto: Tito fai de malabarista

Boas familias, aqui lles deixo os nenos e nenas o conto que lles dixen no vídeo anterior. Tiven un erro no título, pois ainda que Tito si busca o seu nariz, o título real do conto é Tito fai de malabarista. Con este conto podemos traballar as formas círculo, cadrado e triángulo, e recordarlas para que non esquezan as que xa saben. Ata pronto!! 💜


Despois de escoitar o conto, deixovos unha idea por si vos animades a facela. Esta idea consite en facer a cabeza de Tito, que é redonda, buscando algo recondo colocalo enriba dun cartón ou cartulina e repasar ó redor facendo o círculo. Logo facerlle ollos e boca, e se queredes tamén lle podedes facer o sombreiro, recortar e porlle un pau e xa está. Por último facer diferentes narices, con diferentes formas, tamaños e cores para xogar con elas e poñerllas a Tito. Animádevos.!!! Outro xogo co que tamén poden aprender.

xoves, 28 de maio de 2020

Conto: Paco Papán

Hoxe deixovos tamén esteoutro conto titulado "Paco Papán" da editorial OQO. Unha versión feita con animación que o fan ainda máis fácil de comprender polos nenos e nenas. Este conto que tamén lles gusta moito, ten unha canción que moi chula para cantar e bailar. Aqui tedes o vídeo do conto e a canción para que a aprendades.💜
CONTO

CANCIÓN

Conto: OS CHIBOS CHIBÓNS

Ola familias, deixovos o conto "Os chibos Chibóns" da editorial Kalandraka, que ós nenos e nenas lle encanta. Desta vez deixovos unha versión feita polo cole Coirón, espero que o desfrutedes. 😃

mércores, 27 de maio de 2020

O USO DA MASCARILLA

A marca de xoguetes Playmobil, que a tódolos nenos lles gusta moito, fixo un vídeo moi chulo para concienciar do uso da mascarilla, explicandollo ós nenos e nenas dunha mareira fácil e visual. E ainda que nestas idades tan pequenas é so recomendable, pareceume moi interesante, por iso vos deixo o vídeo para que todos o vexan. 💜😚


xoves, 21 de maio de 2020

CONTO: A galiña roxa

Deixovos este conto, que trata sobre o traballo e a recompensa que ten o esforzarse por facer algo. Espero que vos guste, ainda que non ten moita calidade foi teito con moito cariño para os pequerrechos da miña clase. 💜😍

xoves, 14 de maio de 2020

CONTO "Aquiles o puntiño"

Kalandraka TV ofrece moitos contos contados. Na columna da dereita en RECURSOS NA REDE tédela engadida para que sempre que queirades lle poidades votar un vistazo. Entre todos os contos hai un, co que podemos traballar as partes do corpo e o debuxo da figura humana, e que Olalla González nos conta mestres o ilustrador do conto Marc Taeger nos vai facendo un debuxo moi orixinal e  cheo de cor. Unha idea estupenda para que fagan os nenos e nenas despois de escoitar o conto ou mentres o escoitan. Espero que vos guste e me ensinedes as vosas creacións para compartilas cos compañeiros.

Aqui vos deixo o enlace: Aquiles o puntiño

venres, 8 de maio de 2020

O COELLIÑO BRANCO E AS CORES

Aquí vos deixo unha adaptación que fixen do conto "White Rabbit´s color book", da colección Little Rabbits Book, de Alan Baker. Un conto idóneo para xogar coas cores e que os nenos e nenas as misturen para ver que cor sae. Apintura de témpera sería xenial para experimentar, pero con rotuladores ou incluso acuarela podería servir. Espero que vos guste e motive ós nenos e nenas a xogar coas cores.


mércores, 29 de abril de 2020

AQUÍ VOS DEIXO O CONTO DA TOUPIÑA

Como sei que todos lles gusta moito este conto, prepareivos este vídeo para que o poidades escoitar as veces que queirades!!! O conto titúlase "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" da editorial Kalandraka.

Tamén podedes ver unha dobraxe do conto  que fixeron os nenos do cole A Carballeira de Lourizán en Pontevedra. Pincha aqui para vela

xoves, 23 de abril de 2020

Para celebrar o Día do libro...

Hoxe é 23 de abril, un día que sempre celebramos no cole dunha maneira especial. Este ano non imos poder facelo por iso vos deixo esta idea que fixen con algúns dos libros que teño pola casa, para que sexa igual de especial a pesar da situación que estamos a vivir.  Anímovos a que provedes, os nenos e nenas teñen moita imaxinación e seguro que o contarán moi ben e serán moi creativos. Non ten porqué ser moi longo, podedes participar toda a familia, e o máis importante, seguro que o pasades moi ben!!!

martes, 14 de abril de 2020

¿QUEN É SUPERLILA?

Queredes descubrir quen é Superlila? Pois aquí vos deixo este conto para que desfrutedes del en familia.