mércores, 13 de maio de 2020

Recordamos como se fan os números do 1 ó 5

No cole aprendemos a facer algún número, pero ainda necesitamos practicar máis, por iso vos deixo estes vídeos que mostran moi ben como facemos os números no cole.
 Deixovos un traballiño para ir facendo despois de ver cada un dos números.
Pinchar aqui: REPASAMOS OS NÚMEROS

Para facer o número 1, recordar que sempre se empeza arriba. Subimos e  baixamos.

Para facer o número 2, coma sempre comezamos arriba. Facemos unha montaña pequena, baixamos un pouquiño e unha raia!! Agora a practicar!!

Para facer o número 3, recordar que comezamos arriba e facemos dúas barriguiñas cara diante. 

O número 4 e moi fácil, recordar sempre dende arriba, facemos a letra "L" de Lorenzo e logo poñemos unha patiña e xa esta!!! Mirade que fácil, agora podes practicar ti só. 
O número 5 é un pouco difícil, por eso hai que fixarse moito. Comezamos arriba facendo unha raia cara atrás, baixamos e facemos unha barriguiña cara diante. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario