mércores, 20 de xaneiro de 2021

Recordamos OS NÚMEROS

 Boas familias, deixovos un vídeo para que o utilicedes como recurso para apoiar o traballo que tedes na casa.  Neste vídeo os nenos e nenas poden recordar os números contanto obxectos, e sobre todo recordar como realizar o trazo dos números correctamente e da forma que o facemos na aula. 👆😃



martes, 19 de xaneiro de 2021

CONTO: SERAFÍN, el pájaro que buscaba su melodía

Como nos gustan moito os contos, na aula lemos contos para debuxar pero tamén os escoitamos e visionamos na pizarra dixital. E entre outras utilizamos a páxina Cuentos en la nube, pois ofrecenos moitos contos diferentes para traballar diferentes contidos. Deixovos o enlace á páxina por si a queredes usar para escoitar outros contos, só tedes que pinchar enriba do enlace.  Aquí vos deixo o de Serafín que xa escoitaron os nen@s unha vez na aula e gustoulles moito.😍



luns, 18 de xaneiro de 2021

Libro LIM dos Animais Salvaxes

Aquí tedes un libro interactivo para que fagan a través da tablet ou ordenador. É unha actividade que xa vos compartín durante o confinamento, pero como a temática é sobre os animais, actualizoa para que a poidades aproveitar e así traballar diferentes contidos como a coordinación oculo.manual, a memoria, a lectoescritura facendo palabras sinxelas, os números, a atención, a concentración,... Pulsa no cadradiño de abaixo á esquerda para poñer a actividade en modo pantalla completa. Espero que vos sexa útil. 😄

O Polo Norte e o Polo Sur

 Seguimos aprendendo cousas sobre os hábitats e os animais que viven nel. Agora tócalle o turno ó hábitat máis frio!!!! 



domingo, 17 de xaneiro de 2021

SEGUIMOS TRABALLANDO DENDE A CASA

Moi boas familias, este é un curso diferente, comezamos o curso moi ben e chegamos a xaneiro sen incidencias pero agora atopamos outra vez na casa pola seguridade e a saúde de todos. A pesar disto seguimos aprendendo coas mesmas ganas e a mesma motivación dende que comezamos ó cole. Como xa sabedes estamos levando a cabo un proxecto "OS ANIMAIS", que resulta moi motivador para os nenos e nenas e ainda estando na casa seguiremos aprendendo máis cousas dos animais.

Atopándonos nesta situación, deixovos un vídeo dos animais para coñecelos mellor.

 

No cole xa aprendemos cales son os animais domésticos e cales son os salvaxes, pero como xa pasou un pouco de tempo, deixovos un vídeo para recordalo e seguir aprendendo.
Só tedes que pinchar no seguinte enlace 😀 


DEBUXAMOS. Aprendemos a debuxar animais

 Na aula gustanos moito debuxar, e como estamos estudando os animais deixovos estes vídeos para aprender a debuxar animais dunha forma sinxela, e que o poidan facer libremente na casa cando lle apeteza pintar e debuxar. 😃💜

 
 



 

 





ANIMAIS SALVAXES nos diferentes lugares do mundo

 No seguinte vídeo podemos aprender que animais salvaxes viven nos diferentes lugares do mundo. É un pouco largo, pero moi interesante pois ofrecemos imaxes reais de moitos animais. Espero que desfrutes del vendoo en familia. 😊💗