Amosando publicacións coa etiqueta eu quedo na casa b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta eu quedo na casa b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 7 de maio de 2020
Para organizarnos mellor...
Aqui vos deixo outro recurso para utilizar, con unhas pequenas explicacións, e que os nenos e nenas teñan unhas rutinas semanais e poidan anticipar as súas actividades. Espero que vos sexa útil. 😊
mércores, 6 de maio de 2020
HERBARIO virtual, propóñovos esta actividade para aprender dunha maneira máis activa e creativa.
Esta semana propóñovos unha actividade para observar, esplorar e desfrutar do entorno en familia. Agora que xa se pode sair a dar un paseo e desfrutar por fín!!, do noso entorno máis proximo. E dado que estamos nunha estación moi bonita onde as árbores volven ter follas, a moitas prantas e árbores comezan a sairlle flores,... por iso se me ocorreu que podiamos facer esta actividade que seguramente todos xa fixestes algunha vez. A continuación deixovos a explicación. Animádevos, seguro que os vosos fill@s o pasan moi ben.
Para descargar a folla para o herbario pinchar aquí. HERBARIO
Para descargar a folla para o herbario pinchar aquí. HERBARIO
mércores, 29 de abril de 2020
Reciclando..
Daniela e Clara, xa están reciclando para facer xogos e materiais. Moi ben!!! Superlila que tamén lle gusta moito reciclar está moi contenta. 😃
Etiquetas:
eu quedo na casa,
lóxica-matemática,
Reciclar,
Traballo dos nen@s
luns, 27 de abril de 2020
Máis ideas para o traballo na casa
Para traballar un pouquiño o trazo e a grafomotricidade, senon podedes imprimir nin fotocopiar, vos mesm@s podedes facer cousiñas moi sinxelas para que os nenos e nenas as reutilicen e as fagan as veces que queiran. No cole tiñamos unha plastificadora que nos permite ter materiais no recuncho da biblioteca, pero na casa non temos, polo tanto aquí vos deixo unhas ideas...
Facemos materiais na casa e aprendemos xogando
Para aqueles que non tedes posibilidades de imprimir nin fotocopiar, aquí vos deixo ideas para facer algún material para aprender xogando. Son materiais que todos temos pola casa e que se poden usar fácilmente para crear xogos. Todos os nenos e nenas os poden usar sexa cal sexa a sua idade ou nivel madurativo. Animádevos a probar!!. 👍
xoves, 23 de abril de 2020
Para celebrar o Día do libro...
Hoxe é 23 de abril, un día que sempre celebramos no cole dunha maneira especial. Este ano non imos poder facelo por iso vos deixo esta idea que fixen con algúns dos libros que teño pola casa, para que sexa igual de especial a pesar da situación que estamos a vivir. Anímovos a que provedes, os nenos e nenas teñen moita imaxinación e seguro que o contarán moi ben e serán moi creativos. Non ten porqué ser moi longo, podedes participar toda a familia, e o máis importante, seguro que o pasades moi ben!!!
mércores, 15 de abril de 2020
¿Facemos unha marioneta?
Deixovos algunhas ideas para facer unha marioneta de papel, de recortes de revista, de papeis de cores,.. a creatividade non ten limites! Animadevos!
.Para facer a marioneta de Superlila pinchar aquí MARIONETAS
.Para facer a marioneta de Superlila pinchar aquí MARIONETAS
martes, 14 de abril de 2020
¿QUEN É SUPERLILA?
Queredes descubrir quen é Superlila? Pois aquí vos deixo este conto para que desfrutedes del en familia.
xoves, 9 de abril de 2020
APRENDEMOS MÁIS SOBRE O CORONAVIRUS
Aquí vos deixo un vídeo que lle explica ós nenos que é, dunha maneira moi sinxela.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

