BEMVID@S

Moi boas familias 😃✌❤💋, 

quero darvos a benvida todas as familias a este blog no que atoparedes recursos, ideas, experiencias compartidas,.. para axudarvos a levar estes días de confinamento na casa coas vosas familias, pero sobre todo cos vosos nenos e nenas para que non deixen de aprender tódolos días.

Neste espazo ademáis de compartir con vós diferentes recursos e ideas, tamén me gustaría compartir experiencias que fagades na casa, para que outras familias as poidan facer ou  traballos que eu irei propoñendovos durante este tempo de confinamento. 

De antemán douvos a grazas por colaborar con Superlila, unha nena moi especial que xa vos irei presentando a todos. E tamén por todo o traballo que estades a facer na casa cos máis pequenos que seguro supón un gran esforzo para todos vos. Moitas grazas!!


Espero que vos guste. Coidarvos moito e ata pronto familias.



Ningún comentario:

Publicar un comentario