Ola a todos e todas!! 👋
No cole xa estivemos facendo estas letras, para aprender a poñer os nosos nomes, pero para aqueles que ainda necesitan practicar un pouco máis, deixovos estes vídeos onde explica como se fan as letras igual que as facemos no cole. Podedes ver cada unha das vogais e recordar como se fan. Se xa sabedes facelas moi ben, só tedes que practicar escribindo sós nunha folla. 😄 👀
O ver o vídeo fixámonos ben como se fai a vogal "A". No cole decimos subimos baixamos e facemos un cinturón.
Coa vogal "E" temos que facer un pau de arriba a abaixo e recordar que só leva tres raias.
A vogal "I" é moi fácil ainda así hai que fixarse e comezar sempre arriba.
A letra "O" é un pouco difícil, porque nos esquecemos de que sempre temos que comezar arriba e ir car👀a o lado esquerdo. Por iso nos temos que fixar moito cando a facemos.
Para facer a letra "U" comezamos sempre arriba, baixamos e volvemos a subir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario