Amosando publicacións coa etiqueta As estacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As estacións. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2020

SEGUIMOS CON ACTIVIDADES CREATIVAS...

Esta semana propóñovos outra actividade creativa que os nenos e nenas lles vai encantar!! Trátase de:
XEOS CREATIVOS
 Deixovos un vídeo con algunha idea que xa fixen noutra ocasión. No cole podemos expoñelos todos e observar como se van desfacendo pouco a pouco, sobre todo un día de sol, con moita luz, e descubrir que cousas se esconden nos xeos que fixeron os compañeiros... E moi divertido. Como agora estamos na casa, sería xenial que sacarades fotos do xeo unha vez feito e logo do proceso de desxeo, para que todos os poidamos ver. Animádevos a probar!!!!!

luns, 11 de maio de 2020

Outra actividade creativa para desfrutar do entorno

Ola a tod@s, para combinar co herbario, os que queirades colaborar,  propóñovos outra actividade creativa, aproveitanto que saimos a pasear, ó xardin ou á horta e recolledes algunha flor, podedes aproveitar para coller algunhas de máis e facer unha MANDALA. Sabedes o que é unha mandala? Mirade o vídeo e darédesvos conta de que é unha actividade creativa moi divertida e fácil que todos podedes facer e que podedes gardar para decorar na casa.
Para esta opción que nos mostra este neno tan gracioso o mellor e usar pétalos, follas herbas ou cousas planas. Pero hai outra opción que é facer mandalas no chan, creandoas con diferentes materiais e de diferentes tamaños. Poden ser flores, petalos, follas, pedras, paus,... ou calquer material do entorno., e tamén xoguetes, pezas, animais, fios, teas,... ou outros obxectos que os nenos e nenas se lles ocorran, eles sós vos sorprenderán coa súa creatividade. Recordadelle que sempre se comeza no centro e imos facendo círculos ó recor.  Mirade algunhas ideas e sorprendedeme coas vosas creacións..😄

Tamén lle podedes votar un vistazo ó video que hai neste enlace e veredes todas as posibilidades que ten a natureza para ser creativos e facer arte.

mércores, 6 de maio de 2020

HERBARIO virtual, propóñovos esta actividade para aprender dunha maneira máis activa e creativa.

Esta semana propóñovos unha actividade para observar, esplorar e desfrutar do entorno en familia. Agora que xa se pode sair a dar un paseo e desfrutar por fín!!, do noso entorno máis proximo. E dado que estamos nunha estación moi bonita onde as árbores volven ter follas, a moitas prantas e árbores comezan a sairlle flores,... por iso se me ocorreu que podiamos facer esta actividade que seguramente todos xa fixestes algunha vez. A continuación deixovos a explicación. Animádevos, seguro que os vosos fill@s o pasan moi ben.


Para descargar a folla para o herbario pinchar aquí. HERBARIO