mércores, 29 de abril de 2020

AQUÍ VOS DEIXO O CONTO DA TOUPIÑA

Como sei que todos lles gusta moito este conto, prepareivos este vídeo para que o poidades escoitar as veces que queirades!!! O conto titúlase "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" da editorial Kalandraka.

Tamén podedes ver unha dobraxe do conto  que fixeron os nenos do cole A Carballeira de Lourizán en Pontevedra. Pincha aqui para vela

Saúl mostranos outra manioneta que fixo coa súa nai

A Saúl encántalle o conto da toupiña que todos coñecedes por iso, fixo esta marioneta para xogar con ela.

Reciclando..

Daniela e Clara, xa están reciclando para facer xogos e materiais. Moi ben!!! Superlila que tamén lle gusta moito reciclar está moi contenta. 😃

luns, 27 de abril de 2020

Máis ideas para o traballo na casa

Para traballar un pouquiño o trazo e a grafomotricidade, senon podedes imprimir nin fotocopiar, vos mesm@s podedes facer cousiñas moi sinxelas para que os nenos e nenas as reutilicen e as fagan as veces que queiran. No cole tiñamos unha plastificadora que nos permite ter materiais no recuncho da biblioteca, pero na casa non temos, polo tanto aquí vos deixo unhas ideas...


Facemos materiais na casa e aprendemos xogando

Para aqueles que non tedes posibilidades de imprimir nin fotocopiar, aquí vos deixo  ideas para facer algún material para aprender xogando. Son materiais que todos temos pola casa e que se poden usar fácilmente para crear xogos. Todos os nenos e nenas os poden usar sexa cal sexa a sua idade ou nivel madurativo. Animádevos a probar!!. 👍


domingo, 26 de abril de 2020

Canción das vogais

Aqui vos deixo esta canción das vogais que seguro lles gusta moito.

xoves, 23 de abril de 2020

Para celebrar o Día do libro...

Hoxe é 23 de abril, un día que sempre celebramos no cole dunha maneira especial. Este ano non imos poder facelo por iso vos deixo esta idea que fixen con algúns dos libros que teño pola casa, para que sexa igual de especial a pesar da situación que estamos a vivir.  Anímovos a que provedes, os nenos e nenas teñen moita imaxinación e seguro que o contarán moi ben e serán moi creativos. Non ten porqué ser moi longo, podedes participar toda a familia, e o máis importante, seguro que o pasades moi ben!!!

Xogamos coas vogais


Bos días a todos e todas!!! deixovos un enlace moi interesante, onde tedes o recurso dun libro interactivo multimedia (LIM) que están moi ben para facer coa tablet ou incluso o móvil.  Esta actividade LIM está incluída nunha das páxinas que tedes na marxe dereita, e traballanse as vogais dunha forma divertida. Son actividades que xa fixemos na clase coa pizarra dixital, e ainda que algunha das páxinas lle poida resultar difícil coa vosa axuda seguro que son capaces. Probáde porque os vos@s fillos gustanlle moito. e nuns días deixareivos material para que reforcen o que van aprendendo.
Para comezar pincha aquí: LIBRO LIM: xogamos coas vogais.

mércores, 22 de abril de 2020

Máis traballiños

Aqui vos deixo este vídeo coas fotos que me ides enviando, cunha canción chamada "Buenos Días " para que aprendan os nenos e nenas mentres ven as fotos, e a canten para comezar o día cun sorriso. Espero que lles guste. 💜


A Superlila de Carla

Moi ben Carla. Un biquiño moi forte 💋

luns, 20 de abril de 2020

As rutinas de Antía

Despois de moito esforzo, buscando entre as cousas que teñen pola casa, a familia de Antía xunto con ela, fixeron este panel grande para facer as rutinas tódolos días, que chulada Antía!! Moitas felicidades á familia por facelo tan ben. Outra idea para facer se vos resulta máis cómodo desta forma. Moitos bicos Antía, traballaches moito. 💋💋💋  Un traballo xenial!!💜

Outra idea xenial, de parte de Adriana

Adriana axudoulle á súa familia recollendo flores para facer unha palabra que xa é un lema para todos. Unha idea preciosa e creativa para amosar apoio, ao igual que Superlila e vos, que fixestes os vosos murais que nos ensinastes. Xuntos fixeron esta palabra e nomes de persoas. Vos támen podedes facelo se tedes un xardín ou unha horta para disfrutar neste momento.
MOITAS GRAZAS POR COMPARTILO!!
Ademáis tamén vos ensina un traballiño que fixo con moito cariño para tod@s. Moi ben, Adriana. 💜

Daniela danos unha idea xenial!!!

Daniela, xunto a súa familia fixeron un teatro de sombras coas súas marionetas. Votádelle un vistazo a súa idea, vos tamén a podedes facer para xogar. Noraboa  Daniela e familia pola vosa creatividade!! 💜

Xosé tamén nos ensina as súas marionetas

Noraboa Xosé, gustáronme moito os teus traballos de plástica. Seguro que os teus amigos e amigas tamén lles gustan. 💞

sábado, 18 de abril de 2020

Saúl e o seu irmán móstrannos a súa creatividade

Aquí vos deixo as marionetas que fixo Saúl en goma eva coa axuda do seu irmán Román. E ademáis igual que Superlila él tamén fixo un arco da vella. Noraboa Saúl, están xenial. 💜

venres, 17 de abril de 2020

Antía ensínavos as súas marionetas

Moi ben Antía!! Están chulísimas!!! 💋

xoves, 16 de abril de 2020

Un traballiño de Daniela

Aqui vos deixo a portada do conto de Superlila que Daniela decorou e fixo con moita ilusion e cariño para ensinarvola a todos. A Superlila gustoulle moito 💜😄

mércores, 15 de abril de 2020

¿Facemos unha marioneta?

Deixovos algunhas ideas para facer unha marioneta de papel, de recortes de revista, de papeis de cores,.. a creatividade non ten limites! Animadevos!
.Para facer a marioneta de Superlila pinchar aquí MARIONETAS

martes, 14 de abril de 2020

¿QUEN É SUPERLILA?

Queredes descubrir quen é Superlila? Pois aquí vos deixo este conto para que desfrutedes del en familia.

xoves, 9 de abril de 2020

XOGA PARA VENCER ESTE VIRUS


APRENDEMOS MÁIS SOBRE O CORONAVIRUS

Aquí vos deixo un vídeo que lle explica ós nenos que é, dunha maneira moi sinxela.

mércores, 8 de abril de 2020

BEMVID@S


Moi boas familias 😃✌❤💋, 
quero darvos a benvida todas as familias a este blog no que atoparedes recursos, ideas, experiencias compartidas,.. para axudarvos a levar estes días de confinamento na casa coas vosas familias, pero sobre todo cos vosos nenos e nenas para que non deixen de aprender tódolos días.

Neste espazo ademáis de compartir con vós diferentes recursos e ideas, tamén me gustaría compartir experiencias que fagades na casa, para que outras familias as poidan facer ou  traballos que eu irei propoñendovos durante este tempo de confinamento. 

De antemán douvos a grazas por colaborar con Superlila, unha nena moi especial que xa vos irei presentando a todos. E tamén por todo o traballo que estades a facer na casa cos máis pequenos que seguro supón un gran esforzo para todos vos. Moitas grazas!!


Espero que vos guste. Coidarvos moito e ata pronto familias.