xoves, 11 de xuño de 2020

Conto: La pequena oruga glotona

Esta semana deixovos este conto, esta vez en castelán. Esta versión esta contada por nenos e nenas, con él podemos recordar a secuencia dos días da semana, os números, hábitos de alimentación,.. e sobre todo agora que estamos na primavera, ensinalle ós nenos e nenas como nace unha bolboreta e cal é o proceso que segue ata que ten ás e pode voar. Máis abaixo tamén vos deixo un enlace onde poden ver este proceso con imaxes reais.

Aquí deixovos o enlace con un vídeo para ver a metamorfosis da bolboreta na realidade. É un pouco longo dura un 10 minutos, pero mereces a pena, neste caso trátase dunha eiruga que seguramente todos vistes algunha vez e da que sae unha bolboreta moi bonita. Os que xa me coñecestes con outros dos vosos fillos, sabedes que é unha actividade que fixemos na aula e os nenos puideron ver día a día como é este proceso, quizáis o próximo curso o poidamos levar a cabo tamén nós na aula, pois é unha experiencia moi enriquecedora para os nenos e nenas.
Ademáis aquí tedes uns traballiños moi sinxelos sobre este conto para facer nesta recta final de curso, según o tempo do que dispoñades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario