xoves, 4 de xuño de 2020

Conto: Tito fai de malabarista

Boas familias, aqui lles deixo os nenos e nenas o conto que lles dixen no vídeo anterior. Tiven un erro no título, pois ainda que Tito si busca o seu nariz, o título real do conto é Tito fai de malabarista. Con este conto podemos traballar as formas círculo, cadrado e triángulo, e recordarlas para que non esquezan as que xa saben. Ata pronto!! 💜


Despois de escoitar o conto, deixovos unha idea por si vos animades a facela. Esta idea consite en facer a cabeza de Tito, que é redonda, buscando algo recondo colocalo enriba dun cartón ou cartulina e repasar ó redor facendo o círculo. Logo facerlle ollos e boca, e se queredes tamén lle podedes facer o sombreiro, recortar e porlle un pau e xa está. Por último facer diferentes narices, con diferentes formas, tamaños e cores para xogar con elas e poñerllas a Tito. Animádevos.!!! Outro xogo co que tamén poden aprender.

Ningún comentario:

Publicar un comentario