mércores, 3 de xuño de 2020

Canción: Yo tengo unha casita

Deixovos unha canción para recordar os tamaños grande-mediano-pequeno, dun xeito divertido a través do grupo de música e  teatro Pica Pica cunha posta en escena moi visual para os nen@s máis pequenos. Espero que a desfrutedes!!💜💜


Despois de escoitar e cantar a canción, recordando os tamaños, propóñovos como actividade clasificar xogando. Cos seus propios xoguetes poden facer tres montonciños, podedes aproveitar as tarxetas dos pictos de tamaños que usamos nas fichas e nos xogos que vos propuxen para poñer cada montón. Eles sós o poden facer, e o tempo que xogan tamén aprenden. 😉

Ningún comentario:

Publicar un comentario