luns, 25 de maio de 2020

Xogo: Tres en raia

Ola familias, sigo dándovos ideas para poder explorar o entorno, esta vez un xogo que nos axuda a traballar a concentración e a atención, a resolución de problemas, o razoamento, a creatividade, conceptos matemáticos (o número 1,2,3), e tamén as emocións (saber esperar, gañar e perder). 
Vos mesmos podedes facer o taboleiro en algún material ríxido  que teñades pola casa e personalizalo coa axuda dos nenos e nenas, ou imprimir un dos modelos que eu vos deixo. 
A idea que eu vos propoño e que o fagades en tamaño reducido e como fichas, aproveitando o entorno, buscar unhas pedriñas pequenas e redondiñas e as pintedes ou decoredes xuntos. Desta forma quedaravos un xogo de bolsillo para poder levar a calquer saída que fagades sen que vos supoño moito espazo, e todos tanto adultos coma pequenos desfrutedes xogando!!! 😄👍
Na páxina In Natura que vincula a natureza e a infancia, mostran este deseño tan chulo..

Ningún comentario:

Publicar un comentario